O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez e Jonathan Fernández, representante do organizador Escosport, foron os encargados de presentar a Primeira Bandeira de Traíñas Concello de Ribeira que se disputará este domingo 14 en augas do Coroso e na que van participar equipos pertencentes á Liga Galega de Traíñas
Trátase da regata de pretempada que se iba disputar no mes de marzo pero que finalmente se aprazou por mor do mal tempo.
Nesta competición participarán máis de 300 remeiros e 18 embarcacións de toda Galicia: 15 en categoría masculina e 3 en feminina.
As femias serán as primeiras en remar, ás 11 horas, en tanto que a partir das 11.30 horas terá lugar a modalidade masculina, primeiro cos disputantes da Liga Galega de Traíñas B e despois cos membros da liga A.
Entre os participantes haberá tres equipos de Barbanza: o feminino de Cabo de Cruz e os masculinos de Club de Remo Rianxo e Club de Remo Puebla.
A modo de complemento crearase unha pequena festa gastronómica no entorno de Coroso.
https://www.youtube.com/watch?v=ctDhmXnZoHs