O CONCELLO DE PORTO DO SON leva a cabo este mes de xuño a súa sexta xornada de emprego

O Concello de Porto do Son vai levar a cabo o vindeiro xoves día 25 de xuño a súa sexta Xornada de Emprego. Esta xornada, derradeira do ciclo que se leva a cabo dende o mes de xaneiro, vai ter como tema central a busca de emprego a través de Internet.
As persoas participantes van coñecer e poñer en práctica as opcións que ofrece a Rede para a busca de emprego. De impartir esta xornada, de dúas horas de duración, vanse encargar o Orientador Laboral e o Técnico TIC do Concello de Porto do Son.
As persoas interesadas en participar nesta sesión poden inscribirse ou obter máis información na Oficina de Información Laboral do Concello de Porto do Son.

https://www.youtube.com/watch?v=sPR0dAM9wmI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.