O adestradoiro do obradoiro ofrecerá xornadas formativas de baloncesto no centro multiusos de palmeira

O segundo adestrador do Obradoiro, Gonzálo Rodríguez foi o encargado de presentar esta mañá o Campus de Verán de Baloncesto que se desenvolverá por primeira vez no Centro Multiusos Alcalde Torres Colomer, en Palmeira do 6 ao 10 de xullo, e será impartido.

A iniciativa está promovida a título particular por Gonzalo Rodríguez e desenvolverase coa colaboración do Concello de Ribeira. O propio promotor, o edil Juan Luis Martínez e Cipri Crujeiras en representación do Club de Baloncesto Ribeira tamén asistiron á presentación, cuxo prazo de inscrición está aberto dende hoxe e prolongarase ata o 30 de xuño.

As xornadas de adestramento serán impartidas polo propio Rodríguez, quen se definiu como un namorado do Barbanza coa que garda unha gran vinculación.

As clases están dirixidas a xogadores cadetes, junior e infantís de toda a comarca. Durante as sesións incidirá tanto na mellora da técnica individual como tamén nos aspectos tácticos.

Para inscricións e máis información cómpre poñerse en contacto a través do e-mail gonropal@yahoo.com

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.