Un novo curso de arte floral chega a Boiro. Trátase dunha iniciativa promovida pola Asociación de Floristas do Barbanza que preside Ángel Bandín e no que colabora o Concello de Boiro.
Son doce os profesionais floristas da comarca que participan nestas clases impartidas polo mestre Luis López Barreto da Escola Andaluza de Arte Floral.
A formación básicamente técnica está centrada en actualizar artes creativas con elementos de vexetación silvestre e autóctonos da nosa zona ambiental confeccionando novedosos ramos de noivas, coroas e centros expositores.
Estas clases desenvolveranse ata o mércores nunha das aulas profesionais do viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeira, una vez rematado o curso os traballos serán expostos ao público no vestíbulo do Concello ou da Casa da Cultura Ramón Martínez López segundo, dependerá do tempo e da temperatura ambiental.
https://www.youtube.com/watch?v=KID0G6Q2APs