Unha familia de Boiro loita para que se suspenda o desafiuzamento da súa vivenda o próximo 15 de novembro. Esta situación á que chegou a familia foi consecuencia dunha permuta a unha coñecida promotora comarcal. Agora a plataforma “Stop Desahucios Barbanza” trata de chegar a acordos coa entidade financeira.