jueves, septiembre 28, 2023

O CLUB NÁUTICO DE RIBEIRA acolleu a entrega das bandeiras azuis 2015 presidida por FEIJÓO

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da máxima representante da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez, e do Presidente da asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, José Ramón Sánchez, presidiu esta mañá o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2015 que tivo lugar no Club Náutico de Ribeira.

Durante o acto a conselleira indicou que neste Día Mundial dos Océanos cómpre ver nas bandeiras azuis un logro económico, ambiental e da capacidade de cooperación de todos os galegos.

Ramón Sánchez, pola súa banda, salientou a conciencia ambiental dos galegos despois da traxedia do Prestige. O que fai que Galicia poida obter 183 distintivos.

O responsable do Goberno galego afirmou que todas estas bandeiras son garante da excelente calidade das augas; da súa seguridade; da completa dotación de servizos dos que dispón; da accesibilidade; da atinada xestión ambiental, e da sustentabilidade dos areais e das dársenas da contorna

Feijóo lembrou que Galicia acaba de ser recoñecida tamén como a segunda autonomía con máis distintivos Q de calidade nos seus establecementos turísticos.

Manuel Ruíz salientou a importancia paisaxística coa que conta o concello ribeirense e convidou á xente a visitar o municipio que xa conta con tres bandeiras azuis.

Boiro é o concello da comarca con máis distincións de bandeiras azuis, un total de 6.
Na comarca Muros tamén conta cun centro azul pola axencia local de sostibilidade

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.