Ribeira

Arrancan as obras para renovar 642 metros de beirarrúas no Polígono de Xarás

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación conducente a renovar 642 metros de beirarrúas no polígono industrial de Xarás.

Operarios da entidade Alberto Pérez Sampedro son os responsables de executar esta obra, que comporta un investimento de 68.214 euros e conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.