A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, reuniuse esta mañá na Coruña coa presidenta da asociación sen ánimo de lucro para persoas con discapacidade intelectual, Amicos, Esther Vidal, e o director xeral da entidade, Xoán España, para coñecer de primeira man a labor da organización, que desenvolve a súa actividade na comarca do Barbanza, e as súas necesidades actuais.
Do Campo afirmou que “a comarca do Barbanza ten a gran sorte de contar cunha asociación destas características que contribúe a crear unha sociedade máis igualitaria, inclusiva e integradora”.
Pola súa banda, os responsables da entidade trasladáronlle á delegada algunhas das súas peticións para continuar a desenvolver a súa labor nas mellores condicións posibles, como a a concertación dunha nova unidade de educación especial para nenos con autismo e máis prazas nos centros residencial e ocupacional, así como axudas para o transporte escolar.