Juan José Dieste acusa ó portavoz do PSOE de querer danar o sector pesqueiro, bateeiro e turístico de Boiro.

Esta mañá, Juan José Dieste, o alcalde de Boiro mostrou o seu desacordo co partido socialista, quen recordamos que pediu a súa dimisión o pasado sábado día 5 de xullo acusando ademáis ao goberno local do PP de ser o único responsable da non obtención da Bandeira Azul na plaia de Mañóns debido á contaminación e aos “continuos verquidos neste areal” según explicou o portavoz do partido, Jorge Campaña.
O alcalde de Boiro, pola súa parte, acusou ao Partido Socialista de querer danar directamente ao sector pesqueiro e bateeiro e á afluencia de turismo nas praias do municipio.
Juan José Dieste asegurou que se están a invertir unha gran cantidade de cartos en Boiro.

http://youtu.be/E0bqzcvnGmE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.