Axentes da Agrupación de Tráfico da Gardia Civil en Galicia revisarán ata o venres o estado dos neumáticos nos vehículos. Trátase dunha campaña coa que evitar os riscos que supón circular nun vehículo coas rodas en mal estado., unha circunstancia presente o pasado ano en dous accidentes con vítimas mortais e en 17 con feridos graves.