A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e
Asociación de Empresarios de Ribeira/CCA Viamare, impartirá mañá xoves, 25 de
outubro,unha Xornada de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no comercio de proximidade, baixo o título “Principais Riscos Laborais no sector do
pequeno comercio”.
A xornada realízase na sede da asociación a partir das 20.30 horas.
A asistencia a esta xornada é gratuita, previa inscripción (Tel. 981 873719/ mail:
correo@empresariosriveira.com).