A escola de turismo itinerante impartirá dous cursos en NOIA este mes

O programa de formación 2015 da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) no geodestino Ría Muros Noia contará cun total de seis cursos formativos gratuítos para hostaleiros da comarca, dous dos cales comezarán a impartise este mesmo mes de xuño en no Edificio Grupo de Acción Costeira de Noia. Unha iniciativa que conta coa colaboración da Asociación Rural de Desenvolvemento Ría Muros-Noia, Turismo de Galicia e Xunta de Galicia.

O primeiro dos cursos formativos que se celebrarán este mes de xuño será “Atención ao cliente en hostalería”, dirixido a persoal de establecementos hostaleiros que estean en contacto con clientes. O curso terá lugar o luns 8 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, no Edificio Grupo de Acción Costeira de Noia.

O segundo curso será de “Atención ao cliente con discapacidade” e terá lugar o martes 16 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, na mesma sede.

Salir de la versión móvil