Barbanza

A Xunta apoia con máis de 305.000 euros a mellora da competitividade do comercio de proximidade na comarca do Barbanza.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro informou da orde de axudas que a Consellería de Economía e Emprego vén de resolver, coas que se apoia ás asociacións de comerciantes e ao comercio de proximidade da comarca do Barbanza.

Así, con apoios públicos de máis de 305.000 euros concédense un total de 38 axudas das que se benefician comerciantes, artesáns, centros comerciais abertos, asociacións das prazas de abastos, federacións e asociacións de ámbito superior ao municipal, mobilizando un total de máis de 466.000 euros, co obxectivo de fomentar un novo modelo comercial intelixente, competitivo e adaptado ás novas necesidades que reclaman os clientes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.