Escolas en acción fomenta o coñecemento social da rede natura no día mundial do medioambiente

Ethel Vázquez destacou hoxe que o programa Escolas en Acción fomenta na sociedade o coñecemento da Rede Natura 2000 e promove a educación ambiental entre os máis pequenos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inaugurou esta mañá na Cidade da Cultura o I Congreso de Escolas en Acción, co gallo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente.
Ethel Vázquez explicou que se trata dunha iniciativa novidosa, que se puxo en marcha desde a Consellería de Medio Ambiente, co apoio técnico do CEIDA, e que está dirixida a todos os centros educativos galegos. Neste proxecto participaron preto de 1.000 alumnos de 10 centros educativos de primaria e 1º e 2º de secundaria de toda Galicia.

Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 1972, co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos cidadáns da necesidade de que sexan axentes activos dun desenvolvemento ambiental sustentable e harmónico.

https://www.youtube.com/watch?v=6yHf1RrqIn8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.