Xunta de Galicia

Feijóo anuncia que os presupostos de 2019 incluirán unha partida para comezar a redacción do proxecto de ampliación do Hospital Público de Santiago

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que os presupostos de 2019 incluirán unha partida para poder comezar a redacción do proxecto de ampliación do Hospital Público de Santiago. Así o puxo de manifesto tras o encontro que esta mañá mantivo co alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega.

Unha reunión que serviu para repasar os temas de interese para a capital de Galicia, os proxectos que a Xunta impulsou ao longo dos últimos anos, a situación doutros aos que se lle está a dar continuidade conforme ao calendario previsto e novas propostas, sobre todo, de cara ao Xacobeo 2021, o acontecemento máis importante que vivirá a cidade, e Galicia, nos próximos anos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.