A xunta incrementa un 50% a súa achega ao programa GALICIA 1000 de apoio a pemes, que mobilizará 300 millóns de euros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a achega da Xunta ao programa Galicia 1000, que ten como obxectivo “reforzar e apoiar as pemes e os emprendedores desde un punto de vista financeiro”, se incrementará nun 50% e que mobilizará 300 millóns en proxectos empresariais, tres veces máis ca o ano pasado.

Este programa é parte da estratexia do Goberno galego para que “a recuperación económica teña máis ritmo”, un asunto “prioritario”, algo no que incidiu o presidente. Así, Galicia 1000 súmase a outras medidas como as rebaixas no prezo do solo empresarial e a redución dos trámites que xa recolle a Lei do Emprendedor. Este programa nace para dar resposta ás estreiteces financeiras que afrontaron as empresas durante os pasados anos, pois os seus recursos propios estaban debilitados e captalos nas entidades financeiras resultaba tamén complicado.

https://www.youtube.com/watch?v=FO7jlUIsiVQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.