Esta mañá tivemos coñecemento de que Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Ribeira detiveron o pasado día 14 de Outubro un individuo, veciño de Ribeira, de 28 anos, como presunto autor de varios delitos de roubo con forza cometidos en vivendas na parroquia de Castiñeiras, Lugar Ameixida e Martín.
https://www.youtube.com/watch?v=Yq9Hm22ADxY
O detido foi sorprendido in fraganti polos axentes cando saía do interior dunha vivenda no lugar de Martín, á que accedera tras forzar a porta e fracturar unha xanela, portando unha bolsa con diversos efectos subtraídos.