O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao emprendedor galego como un dos grandes artífices da nova Galicia que se atreve a investir, a arriscar, a diversificar e a acertar.
Durante o almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, onde presentou o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, Feijóo afirmou que a confianza empresarial é un índice inequívoco da confianza na propia Comunidade porque os proxectos empresariais non son momentáneos, fugaces ou efémeros, senón que teñen ambiciosos horizontes temporais.
Así mesmo, aseverou que na figura do presidente dos empresarios galegos dáse un compendio de idealismo e realismo que explica a súa traxectoria.
Nesta mesma liña, subliñou que a misión do político actual non é moi diferente e que teñen o deber de proporcionar ao mesmo tempo esperanza e solucións.
https://www.youtube.com/watch?v=ISnlHtTRHYc