O rianxeiro Noel Rodríguez e a ferrolá Eva Seoane veñen de gañar o I Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ‘Muros que unen’, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade . Así o decidiron na xuntanza mantida esta semana na cidade os membros do xurado.