O CIFP COROSO contará cunha nova nave que albergará dous talleres e aseos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se licita a contratación da obra de ampliación do CIFP Coroso (Ribeira), cun orzamento de 664.757,99 euros, unha obra cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O obxectivo da actuación é dotar o centro dunha nova nave de planta baixa que albergará 2 talleres e aseos. O mesmo tempo, a estrutura estará preparada para a súa ampliación en planta primeira destinada a acoller despachos, se fora necesario habilitalos no futuro.

https://www.youtube.com/watch?v=8-20TKTYSA0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.