Intensa sesión plenaria en Lousame, coa asistencia dunha ducia de veciños de Portobravo e os/as integrantes da candidatura do Partido da Terra, cuxa concelleira Lucía Rodríguez Cao tomou posesión tres sesións despois do inicialmente previsto.
Na quenda de mocións, o Partido da Terra presentou unha proposta de acordo contra a autorización dun forno crematorio en Portobravo.




