Esta fin de semana Ribeira celebrará ao grande o Día Internacional dos Océanos a través dunha xornada de carácter medioambiental única en Galicia que comprende por unha parte a limpeza de dous areais do municipio e, por outra, a instalación dun conxunto de carpas para informar aos veciños.
Emilio Fernández, insistiu na dimensión desta problemática en canto á cantidade de lixo mariño existente. Esgrimiu datos alarmantes, como por exemplo que entre o 2 e o 5% dos plásticos que se xeran no mundo rematan no mar..
https://www.youtube.com/watch?v=wrEy7N3lr5s