O BNG DE RIBEIRA loita para expulsar a MANUEL RUÍZ do goberno

Os nacionalistas de ribeira están a loitar intensamente para arredar a Manuel Ruíz do mandato local nos vindeiros catro anos. Consciente de que Cidadáns non está polo labor e o máis probable é que Ruiz goberne en minoría, a formación frontista vai intentar reunirse nos próximos días con PSOE, IPR e Cidadáns e proporlle un acordo de mínimos. Trátase dunha especie de pacto para ter controlado ao PP, ao que as urnas deixaron sen a maioría absoluta e, xa que logo, sen posibilidade de facer e desfacer pola súa conta.
Os nacionalistas aseguran que de gobernar nesta lexislatutra daríanlle prioridade ás necesidades e a atención ás persoas por enriba do cemento, habería unha redución do malgasto e dos privilexios que ten o PP, unha democratización do Concello, promovendo a participación veciñal e tamén abogarian pola transparencia na xestión e publicación de información relevante.

https://www.youtube.com/watch?v=cs1VxILGa6c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.