Icono del sitio CanalBarbanza.com

Os gañadores da IX Bandeira de traíñas da Pobra premiaranse con 9000 euros

Esta mañá tivo lugar na sala de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal a presentación dunha regata que terá lugar o próximo sábado día 12 de xullo na dársena do porto da Pobra.
Ao acto asistiron o alcalde do municipio, Isaac Macearas, o presidente do clube de remo, Andrés Pérez, a técnica de deportes, Ana Romero e o vicepresidente do clube, Antonio Docarmo.
O alcalde díxose sentir satisfeito pola novena edición de traíñas do concello da Pobra que se desenvolverá este sábado e invitou a tódolos veciños e veciñas a apoiar á á trainera “ A Carmela”.

Salir de la versión móvil