O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por seguir profundando nas relacións con América Latina, un mercado estratéxico para Galicia que, según o mandatario, fixo posible que máis de 2.000 empresas galegas exportasen máis de 1.000 millóns de euros en 2014, o que supón un 65% máis que en 2009.
Durante a xuntanza do Consello Empresarial de América Latina, Capítulo Ibérico, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá apostando por abrir a economía da Comunidade, por seguir exportando máis, por que a balanza comercial cada vez sexa máis positiva en exportacións e por que a globalización da economía galega non só sexa vender aos países da Unión Europea senón, e sobre todo, abrila aos países de América e facilitar tamén investimentos en Galicia.
Feijóo incidiu en que o obxectivo é animar aos empresarios de orixe galega a que pensen en Galicia e que teñan en conta a competitiva oferta de produtos da Comunidade en moitos sectores. As posibilidades que xa están abertas e que se poden abrir en sectores como o téxtil, o agroalimentario, o vitivinícola, industria naval, forestal, turismo, xestión de servizos ou novas tecnoloxías.
https://www.youtube.com/watch?v=-_xv2iNNwKI