Barbanza

O hospital da Barbanza acolle a i reunión galega de ecografía en dermatoloxía

O Servizo de Dermatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago prepara a I Reunión Galega de Ecografía en Dermatoloxía que se celebrará mañá sábado no salón de actos do Hospital da Barbanza e que está organizada polo doutor Luís Casas, dermatólogo do hospital.

O motivo polo que se desenvolve a xuntanza no centro de Oleiros, onde se darán cita 45 expertos (a maioría dermatólogos pero tamén radiólogos) é porque foi un dos primeiros hospitais en empregar a ecografía en dermatoloxía, xa hai case 4 anos. Dende entón levan realizadas 800 ecografías, unha demanda que aumenta cada ano. No que levamos de 2018 xa se fixeron 230 ecografías mentres que en todo o ano 2017 se realizaron 210 probas deste tipo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.