SABELA PENSADO faise co título autonómico de triatleta

298 foron os deportistas que se deron cita en Ribeira para tomar a saída na terceira edición do Tríatlon Cidade de Ribeira Unha xornada moi seguida por numero público e cunhas excelentes condicións para esta práctica deportiva.
Era ademais o campionato galego na distancia olímpica. Os corredores locais fixeron unha excelente proba conseguindo uns magníficos resultados. O máis importante obtívoo Sabela Pensado, que se fixo co título autonómico.
O primeiro posto na competición foi para Luis Miguel Velázquez, pero o campionato levoullo o segundo clasificado, Diego Paz, pois o primeiro ten nacionalidade venezolana.
A proba tamén era para decidir aos mellores júniores da comunidade autónoma. O primeiro en cruzar a liña de meta foi David Liste e en mulleres, o primeiro posto conseguiuno Irene Serrat.
A competición tamén contaba co aliciente de que os mellores conseguían praza para o nacional. Os ribeirenses que estarán no campionato de España elite son: Carlos Brión, Ismael López, Martín Carreira, Sabela Pensado e Helena Fernández. Na proba popular o ribeirense Martín López fíxose coa prata e Adrián Ferrón co bronce.

https://www.youtube.com/watch?v=aRIWcYi8nSI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.