Xunta de Galicia

Galicia recibe o cadro A derradeira leición do mestre que, por primeira vez, sae de Bos Aires para ser o eixo da exposición Castelao maxistral, no Gaiás

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe a emoción ante a chegada do cadro A derradeira leición do mestre que, por primeira vez, sae “da outra Galicia, a que Castelao e moitos máis construíron en Bos Aires desde a emigración ou o exilio”, para ser o eixo da exposición Castelao maxistral, no Gaiás.
https://www.youtube.com/watch?v=b-vIYXUbmuM
Durante o acto de recepción, Feijóo salientou a importancia de ter esta obra, que nunca antes saíra do Centro Galicia da capital arxentina, durante uns meses, “xa que se trata –afirmou- dunha obra moi significativa na súa traxectoria e tamén un símbolo para Galicia: pola man que a pintou; pola súa excepcional calidade; e pola lección histórica que representa e a homenaxe que dedica aos mestres”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.