O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou esta mañá xunto ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, na inauguración da II Semana de Prevención de Incendios centrada principalmente en dar a coñecer, tanto a escolares como a público en xeral, ferramentas para previr e evitar posibles riscos.
https://www.youtube.com/watch?v=fyTiPB1x15Q
Luis Menor indicou que a sociedade de hoxe en día está sometida a diferentes riscos tecnolóxicos e naturais, que en moito casos grazas aos avances poden predicirse e polo tanto pódese coñecer como previr e paliar os riscos. Menor reiterou na necesidade de crear unha cultura preventiva, de aí que incidiu na importancia que ten que dende os centros escolares se favoreza estes comportamentos.




