A escola náutica de Ribeira acollerá durante o mes de xuño os diferentes exames para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente que a Consellería do Medio Rural e do Mar ven de convocar. Estos exames ordinarios son de carácter libre, pois non é preciso realizar un curso previo.
Sen embargo o director da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira insistiu na importancia de contar con coñecementos básicos, pois unha parte da proba vai ser práctica.
No caso da titulación de mariñeiro pescador, as datas de matrícula abarcan do 26 de maio ata o 5 de xuño e o exame teórico-práctico terá lugar o día 18 de xuño. Antes desta proba teórico-práctica ese mesmo día realizarase, previamente, unha proba de natación que é preciso superar para realizar o devandito exame.
Para a titulación de patrón local de pesca (sección máquinas) o exame teórico-práctico será o vindeiro 25 de xuño e as datas de matrícula serán entre o 2 e 12 de xuño. Na titulación de patrón local de pesca (sección ponte e común) a matrícula estará aberta tamén entre o 2 e o 12 de xuño e o exame teórico-práctico será o día 26 de xuño.
Por último, para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección ponte) o prazo de matrícula será entre o 12 e o 23 de xuño e o exame teórico programouse para o vindeiro 6 de xullo. Nesta mesma titulación a matrícula tramitarase do 12 ao 23 de xuño e o exame será o 7 de xullo.
Alumnos de toda a comarca do Barbanza, a Ría de Muros e Noia e os municipios da Costa da Morte poderán beneficiaranse desta andaina educativa o próximo curso