O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de tempo libre homologado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O curso terá unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas e 150 prácticas, e comezará a impartirse o próximo mes de xuño.
O obxectivo deste curso é formar aos alumnos para realizar actividades socioculturais e recreativas tanto no medio urbano como na natureza. O seu prezo é de 250 euros e as inscricións poderán formalizarse na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame.
Ao rematar o curso, o alumno recibirá un título homologado de monitor/a de tempo libre, que o capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais.
https://www.youtube.com/watch?v=0JxJi2kcHHs