Deputación Da Coruña

O PEL da Deputación da Coruña crea 276 empregos nas pemes coruñesas e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade

A Deputación da Coruña impulsa este ano a creación de 276 empregos directos noutras tantas empresas da provincia da Coruña e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade.

O BOP publica hoxe a listaxe das 184 pemes da provincia que recibirán axudas do Plan de Emprego Local (PEL-PEMES 2018) para a contratación de persoal. Unha cifra importante á que se suman as 92 empresas que xa accederon a estas axudas na convocatoria anterior e que acaban de renovar a subvención do PEL para seguir contando cos traballadores/as contratados durante un ano máis.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.