NACE O CLUB H2O para promover as disciplinas de SURF, BODYBOARD E PADDLEBOARD EN RIBEIRA

O Club H2O chega a Ribeira para promover actividades como o surf, bodyboard e paddleboard no municipio.

A Casa Consistorial do Concello de Ribeira foi o escenario esta mañá da presentación deste club que, para levar a cabo a labor de difusión destas deportes acuáticos, contará cunha escola chamada “Grip” con sede no areal de Balieiros, en Corrubedo. Este centro contará con monitores titulados pola International Surf Association ou pola Federación Española de Surf.

Os grupos terán un máximo de oito alumnos por profesor, e as clases terán unha duración dunha hora e media.

Tanto os tres directivos como o Concelleiro destacaron o entorno idóneo no que se atopa Ribeira e a vontade de realizar algunha das actividades no Parque Natural.

https://www.youtube.com/watch?v=43YvYRR8fp8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.