CRUZ VERMELLA DE RIBEIRA conta dende hoxe con nova sede

A nova sede de Cruz Vermella de Ribeira foi a protagonista este mediodía durante o seu acto de inauguración.

Varias decenas de veciñas e veciños se achegaron para coñecer as instalacións situadas na Avenida do Malecón, entre eles o antigo presidente da entidade.

A planta superior conta con dúas aulas, unha para o desenvolmento de cursos para inmigrantes e a outra para a xestión de proxectos por parte dos integrantes da organización.

Na planta baixa o alcalde de Ribeira acompañaba esta mañá á presidenta do Comité Local, Ángeles Cores e á presidenta de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro Rojo.

https://www.youtube.com/watch?v=X7M34OZuJOE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.