O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa do Consello do avance na aprobación do proxecto sectorial para a ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira en Boiro. Isto suporá un investimento de 20 millóns de euros, creará arredor de 200 postos de traballo e beneficiará non só a poboación do municipio, senón tamén ás vilas adxacentes e á bisbarra do Barbanza.
Feijóo dixo que se encadra no plan de crecemento da compañía para os próximos tres anos, que ten o obxectivo de incrementar as súas vendas nun 20% no 2018.
Neste contexto, a infraestrutura permitirá ao grupo empresarial, que emprega a 2.000 traballadores en Galicia, unificar as súas instalacións de almacenaxe.
O titular da Xunta afirmou que con este proxecto dáse un novo paso no impulso do sector conserveiro da Comunidade, que supón o 3% do PIB de Galicia e o 6,5% do emprego industrial.
https://www.youtube.com/watch?v=sb87VMXYWfg