Xunta de Galicia

As axudas da Xunta aos Grupos de acción local do sector pesqueiro permitirán a creación de máis de 50 empregos directos

A Consellería do Mar vén de aprobar axudas a 75 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) a través dos que se prevé crear máis de 50 empregos directos.

Así o reflicte un informe analizado onte no Consello da Xunta sobre as axudas aprobadas na convocatoria de 2018 aos proxectos destes grupos e cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
O informe indica que o valor económico destas subvencións é de máis de 4,4 millóns de euros, que permitirán mobilizar un investimento global de máis 11,6 millóns de euros. Tamén destaca que dos proxectos aprobados un 33% son promovidos por mulleres ou xente nova das áreas litorais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.