País e nais e os seus fillos saíron esta mañá a rúa con pancartas para denunciar a reválida de terceiro de primaria que se desenvolverá durante a xornada de hoxe e de mañá e que consiste nunha avaliación de matemáticas e das lenguas galega e castelá.
As portas do Colexo Santa Baia de Boiro foron testigo directo da protesta.
A maior parte dos pais rexeitan esta reválida por considerala densa e demasido esixente.
Máis aló do berro de protesta, os pais optaron por non levar ós nenos a clase como única medida para evitar que pasen esta proba. Entenden que non é preciso un exame tan esixente para avaliar as capacidades dun alumno de oito anos. Para determinalas non basta máis que co seguimento que se realiza ó longo de todo o ano a cargo dos mestres e titores.
Integrantes do BNG Asambleas Abertas fixeron acto de presenza para apoiar aos manifestantes.
https://www.youtube.com/watch?v=8y_fFQu_qEI