Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia e Cogami desenvolverán un Programa Integral de Atención á Discapacidade nas instalacións do Cegadi

https://www.youtube.com/watch?v=QQ_d4NsoJNY
O Consello da Xunta autorizou hoxe un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a implantación dun plan integral de actuacións para a promoción da autonomía persoal desde a idade temperá a este colectivo que se desenvolverá nas instalacións do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi). O convenio está dotado dun orzamento total de 2.683.170,28 €, nos cales Cogami participa na contía de 916.623,36 euros e a Administración autonómica achegará os restantes 1.766.546,92 euros. Este acordo producirá diariamente a afluencia dun importante número persoas usuarias ao Cegadi. En concreto, nesta primeira fase se estima que poderá dispensarse atención a 1200 persoas con discapacidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.