FEIJÓO recibe o presidente da ‘HERMANDAD GALLEGA DE VENEZUELA’ e transmitelle a solidariedade de galicia aos 46.000 galegos que viven nese país

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu o novo presidente electo da ‘Hermandad Gallega de Venezuela’ en Caracas, Roberto González Pérez, nunha xuntanza na que tamén estivo presente o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Feijóo transmitiu a González a solidariedade de todo o pobo galego coa poboación venezolana, e moi especialmente coa de orixe na nosa Comunidade, nos actuais momentos de incerteza que atravesa o país.

Lembrou, así mesmo, o esforzo que a Xunta está a realizar por que esa solidariedade se traduza en liñas de apoio e axudas ás comunidades e individuos que máis o necesitan, de maneira que o acento social da liña de actuación do Goberno galego se transmita de igual maneira á Galicia do exterior. A Xunta destina uns 600.000 euros anuais para atención social, sanitaria e cultural aos galegos de Venezuela.

https://www.youtube.com/watch?v=54QB43cY-GM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.