A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de entregar ao Concello de Ribeira as obras de reparación do emisario de Punta Touro, en Ribeira. Esta actuación foi executas por Augas de Galicia, entidade dependente da Consellería, que destinou 1,6 millóns de euros para levar a cabo os arranxos precisos, que aseguren o eficaz funcionamento deste emisario.
O emisario en Punta Touro atopábase deteriorado, polo que non cumpría correctamente a súas funcións de dilución e depuración.
Non en vano o emisario a partir de agora terá dúas funcións. Por unha banda
evacuar as augas residuais depuradas do polígono de Xarás. E por outra servirá como alivio de emerxencia no caso dun fallo na depuradora de Ribeira, evitando que as augas residuais sen depurar se vertan pola costa de Cuíña.