Marta Míguez Telle, titular da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e Manuel Ruiz Rivas, Alcalde de Riveira, veñen de asinar un convenio de cooperación para realizar melloras no complexo deportivo de A Fieiteira.
O proxecto, denominado “melloras na cuberta da grada do campo de fútbol de A Fieiteira”, será financiado na súa totalidade pola Secretaría Xeral para o Deporte que achegará a cantidade de 39.930,41 euros en base á valoración feita polos técnicos municipais sobre o custe da obra.