Chega a III EDICIÓN DA RUTA DE SAN FIX, unha cita obrigatoria para os sendeiristas

Este sábado, 30 de maio chega a III Edición da Ruta San Finx- San Ramón de Bealo. Trátase dun percorrido de 12 km e duración estimada de 4.00 horas.
É unha ruta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto con diferentes tipos de bosque como os da ribeira do río Beluso, a panorámica da desembocadura á ría dende monte Seixiño. Asemade, levarase a cabo a vista ao museo das minas de San Finx, e tamén se poderá ver en funcionamento dun dos poucos muíños de río da zona. Ao remate, levarase a cabo a visita aos petróglifos da Laxe do Agoeiro.

Haberá un servizo de autobús que fará os traslados de San Ramón ata San Finx.
A ruta ten unha cota de inscrición de 3 euros e poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro e Oficina de Deportes de Lousame.

https://www.youtube.com/watch?v=nbicH464Sbo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.