Segundo a conselleira GALICIA é a comunidade autónoma que máis actuacións inclúe no seu plan de emprego

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, sinalou hoxe que Galicia é a comunidade autónoma que máis programas ten incluído no seu Plan Anual de Políticas de Emprego (PAPE), que se debe presentar todos os anos ante o Estado. En concreto, dos 442 programas de todas as comunidades autónomas, corresponden a Galicia un total de 88, un 20 por cento do total estatal.
Así o destacou hoxe a titular do departamento autonómico durante a súa comparecencia no Parlamento galego para dar conta do PAPE. Na súa intervención, recordou que Galicia recibirá este ano do Estado case 114 millóns de euros para políticas activas de emprego, un 14 por cento máis que no ano anterior. Este aumento débese á boa execución do programa de emprego do ano pasado, xa que parte do orzamento repártese

O PAPE incorpora tamén os novidosos programas que a Xunta pactou con patronal e sindicatos o pasado mes de xaneiro: a Garantía Xuvenil e Programa de Activación para o emprego para parados de longa duración con cargas familiares.

https://www.youtube.com/watch?v=6WE5lp0fPHY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.