A localidade ribeirense de Castiñeira festexou o pasado sábado ás 10 e media da noite a chegada do tricampeón mundial de parataekwondo Álex Vidal. O colectivo a Redonda Vella organizou unha intensa xornada con xogos inchables para os máis pequenos. O programa incluiu tamén unha exhibición de taekuendo e unha actuación de baile a cargo de alumnos da escola El Tomasón. Durante a ceremonia servíronse tortilla e empanada aos asistentes.
http://youtu.be/txFagqiXh5k