Dúas curtametraxes do I.E.S Nº1 DE RIBEIRA están na final do festival olloboi 2015

Dúas curtametraxes do I.E.S nº1 de Ribeira conseguiron meterse na final do festival Olloboi 2015, no que competían con outros 150 traballos de toda Galicia.

A curtametraxe O quinto cravo, de Alba Pego (alumna de 2º de bacharelato), foi designada como finalista na sección do Olloboi «online», no que se seleccionan os traballos máis votados polo público. Trátase dun Thriller que narra unha violación desde o punto de vista do propio asasino, un home de trinta anos que alardea sobre todo o sucedido no seu blog.

In Memoriam, de Sons e Visións, foi escollida polo xurado como finalista no Olloboi «Universidade e Escolas Audiovisuais». Este filme, a medio camiño entre o xénero documental e a ficción, achégase, desde unha perspectiva rigorosamente histórica e documentada, aos devastadores efectos da represión franquista nos diferentes concellos da comarca do Barbanza.

A Gala de Entrega de Premios terá lugar o sábado 30 de maio.

https://www.youtube.com/watch?v=yzMjt29b2Io

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.