O salón de plenos do Consistorio encheuse para homenaxear a oito traballadores municipais que recibiron a insignia de ouro de Concello de Ribeira polos seus 25 anos de servizo aos veciños. O alcalde Manuel Ruiz, encargado de presidir o acto, estivo acompañado polo secretario xeral Juan Salguero, e polo interventor Jorge González.
O rexedor ribeirense agradeceu aos homenaxeados todos estes anos de servizo polos demais, e mostrou o orgullo que sinte por toda a plantilla que forman os empregados municipais.
O evento tivo lugar con motivo da celebración do día de Santa Rita, patroa dos empregados da Administración local. Ao acto asistiron diversos concelleiros e tenentes de alcalde.
O secretario xeral foi o encargado de ler un a un o nome dos galardoados mentres que Ruiz Rivas lle colocaba a insignia entre aplausos. Ademais, tamén se lles obsequiou co libro Riveira, unha cidade con título, de Emilio Rodíguez López.
O nome dos oito condecorados é: María José Carreira García, José Andrés Alonso Paz, Josefa Encarnación Álvarez Reiríz, José Manuel Orellán Santos, Xosé Romero Miguens, Prudencio Bragado Fernández, Jesús José María Millán Santos e Pedro Antonio Fernández Iglesias.
https://www.youtube.com/watch?v=h9Ku_Cdodd0