Muros

O ministerio autoriza no porto DE RIBEIRA os desembarques superiores aos dez mil quilos de arenque, xarda e xurel

As xestións realizadas polo alcalde seguindo a vontade do sector chegaron a bo termo e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de autorizar para o porto de Ribeira os desembarques superiores a máis de 10.000 quilos de arenque, caballa e xurel, algo que ata o de agora estaba vedado.

Así, o ministerio competente nos asuntos vinculados coa pesca vén de dar luz verde a que se poda efectuar este volume de descargas no peirao riveirense, sumándose aos portos galegos da Coruña, Muros, Fisterra, Muxía e Vigo. Poderán realizarse os desembarques dende as 00 horas do luns ata as 24 horas do venres.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.