O 19 de outubro remata o prazo para presentar cancións ao III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar e a Deputación da Coruña, organizadora do premio, anima a comezar o curso cantando. As bases poden consultarse na páxina www.querocantar.gal.
https://www.youtube.com/watch?v=mjP042O_-ag
A edición dun disco colectivo; a actuación en directo no teatro Colón da Coruña; a gravación dun videoclip e cantidades económicas de 1500 €, 1000 € e 500 € son algúns dos premios do concurso Quero Cantar que ten a súa convocatoria aberta a grupos e solistas, con tres premios en cada unha das categorías infantil e xuvenil.