Máis de 600 atletas participarán mañá no complexo da FIEITEIRA no campionato galego de atletismo

Hoxe pola mañá presentouse no Salón de Plenos de Ribeira unha proba do Campionato Galego de Atletismo que terá lugar no recinto de A Fieiteira e na que participarán máis de 600 atletas. No acto participaron o concelleiro de Deporte Juan Luís Martínez, e o presidente do Club de Atletismo Santa Uxía Juan Manuel Olveira, Pájaro.

A proba, que está organizada por Concello, club e Federación Galega de Atletismo, reunirá no complexo deportivo a mozos e mozas das categorías benxamín, alevín e infantil. O evento terá lugar de 10:30 a 20:15 horas, cunha descanso entre as 14:30 e as 16:30.

Juan Manuel Olveira destacou o auxe vivido nestes últimos anos polo atletismo en Riveira. O presidente do Club de Atletismo Santa Uxía destacou o labor da Concellería de Deportes e do seu edil Juan Luís Martínez como promotores desta disciplina no municipio.

Pola súa parte, Juan Luis Martínez salientou as repercusións positivas que vai ter para o comercio da cidade o feito de que se celebre unha proba como esta en Ribeira.

https://www.youtube.com/watch?v=h09yXP8yTX8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.