Galicia

O Grupo Popular esixirá no pleno ao Goberno central igualdade de trato para os portos galegos


O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central igualdade de trato e consideración entre as diferentes autoridades portuarias, achegando unha compensación económica semellante nos termos xurídicos e administrativos equivalentes ás decisións adoptadas para o caso do porto de Valencia. A primeira das proposicións non de lei que defenderá o Grupo Popular ten que ver co anuncio feito polo Goberno de Pedro Sánchez no Consello de Política Fiscal e Financeira de asumir a débeda financeira xerada pola Copa América e a Fórmula 1 no porto de Valencia, “rompendo as regras manifestadas polos distintos gobernos de España de manter unhas condicións idénticas para todos os portos españois”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.